Quen son eu

Traxectoria

Elena Gallego Abad é xornalista, cunha ampla traxectoria profesional en medios de comunicación galegos, tanto prensa escrita coma radio.
Membro do Colexio Oficial de Xornalistas de Galicia (CPXG) e da Federación Internacional de Periodistas (FIP), dende 1987 a 1999 desempeñou labores de locutora e redactora nas emisoras de  Radio Ourense (Cadena Ser), Radio Minuto Santiago (Ondas Galicia), Radio Popular Ourense (Cadena Cope), Voz de Galicia Radio e Onda Cero Ourense (Uniprex).
No período 1994-1996 Elena Gallego colaborou como redactora e fotógrafo en distintas delegacións dos xornais La Voz de Galicia e La Región.

En 1998 recibiu Premio "Xosé Aurelio Carracedo" de Xornalismo (Deputación Provincial de Ourense) no apartado de "Medios Audiovisuais", pola producción e realización do programa "A Fiestra", emitido en Onda Cero Ourense.

En 1999 Elena Gallego incorporouse á plantilla de Faro de Vigo, desempeñando o labor de xornalista nas súas delegacións de Ourense, Pontevedra e dende 2002 a 2013 traballou en Cangas do Morrazo.

Como escritora, Elena Gallego Abad publicou:

"DRAGAL I - A herdanza do dragón" (Xerais 2010), novela finalista del Premio Fundación Caixa Galicia de Literatura xuvenil 2009 y Premio Frei Martín Sarmiento 2012 (Categoría 1º e 2º ESO)
"DRAGAL II - A metamorfose do dragón" (Xerais 2011)
"DRAGAL  III - A fraternidade do dragón" (Xerais 2012)
"SETE CAVEIRAS" (Xerais 2014)
"DRAGAL IV - A estirpe do dragón" (Xerais 2015)

Estas novelas están a ser traducidas a diversas linguas:
DRAGAL I The Dragon's Inheritance (Small Stations Press 2014)
DRAGAL I L'hèrencia del drac (Pagès Editors 2014)
DRAGAL I la herencia del dragón (Anaya 2015 )
DRAGAL II La metamorfosi del drac (Pagès Editors 2015)
DRAGAL II La metamorfosis del dragón (Anaya 2015)
DRAGAL II The dragon's metamorphosis (Small Station Press 2015)
DRAGAL III La Fraternidad del dragón (Anaya 2016)

Elena Gallego Abad é integrante da Asociación de Escritores e Escritoras en Lingua Galega (AELG) e da Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil (Galix).